Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 23 de abril de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao Acordo do xurado, de data do 14 de marzo de 2012, polo que se dá trámite de audiencia para a corrección do expediente de clasificación do monte de Veiga, a favor dos veciños de Cerdeira e A Graña, no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense).

Trámite de audiencia.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión do 14 de marzo de 2012, clasificar como veciñal en man común o monte Veiga, a favor dos veciños de Cerdeira e A Graña, no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense).

Posteriormente Orentino Villarino Fernández, presidente da xunta reitora do monte veciñal citado, dirixe escrito a este xurado no que solicita a incorporación, en calidade de veciños comuneiros, as persoas do pobo de Fondodevila, que desde tempo inmemorial están a aproveitar, segundo usos e costumbres, o citado monte en réxime de comunidade xermánica, polo que solicita se proceda a corrixir a clasificación incluíndo tamén como propietarios do monte os veciños do lugar de Fondodevila, segundo foi acordado en asamblea polos comuneiros de Cerdeira e A Graña (en maio do ano 2006) e segundo consta no acto de conciliación que tivo lugar no Xulgado de Paz de Xunqueira de Ambía con data do 18.1.2007.

En sesión do 14 de marzo de 2012 o xurado provincial acordou admitir a petición citada e proceder a súa tramitación, para o que polo presente anuncio dase trámite de audiencia por un prazo de dez días para que os interesados consulten o expediente, formulen as alegacións e presenten os documentos que estimen procedentes.

O expediente pódese consultar na Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar de Ourense, r/ Florentino López Cuevillas, 4 e 6 baixo, no Servizo Xurídico-Administrativo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (tfno. 988 38 64 83).

Ourense, 23 de abril de 2012.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense