Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17477

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de abril de 2012 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Pierre Ianni como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar