Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para a elaboración da versión 2.0 da aplicación informática (Xeceas Web) e o mantemento correctivo e evolutivo da dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia (AB-SER1-12-015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-12-015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a elaboración da versión 2.0 da aplicación informática (Xeceas Web) e o mantemento correctivo e evolutivo da dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72243000-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia n.º 15, do 23 de xaneiro de 2012.

Boletín Oficial del Estado n.º 25, do 30 de xaneiro de 2012.

Diario Oficial de la Unión Europea n.º 2012/S 6-009176, do 11 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado del contrato: 481.027,08 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 354.237,29 euros. Importe total: 418.000 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 18.4.2012.

c) Contratista: Software y Comunicaciones Marka Informática, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 325.000 euros. Importe total: 383.500 euros.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos