Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2012 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, do servizo consistente no mantemento evolutivo e correctivo do sistema de información para a adaptación á Directiva de servizos de industria, e na análise, deseño e desenvolvemento dun módulo de automatización das inspeccións dos organismos de control autorizados en materia de seguridade industrial (OCA) (expediente 01/12 DXI).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4.º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 55 22, 981 54 55 23.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: economiaeindustria.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 01/12 DXI.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: o desenvolvemento dun módulo de automatización das inspeccións dos organismos de control autorizados en materia de seguridade industrial (OCA) e o mantemento evolutivo e correctivo do sistema de información para a adaptación á Directiva de servizos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, incluído o módulo que se desenvolverá desde o momento en que estea creado.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: a prestación do servizo definido no punto 3.1 do PPT (mantemento correctivo e evolutivo) abranguerá desde o 1 de xullo de 2012 ata o 30 de xuño de 2013, sen prexuízo da posible mellora que poida ofertar o adxudicatario.

A prestación do servizo definido no punto 3.2 do PPT (desenvolvemento do módulo de OCA) abranguerá desde o 1 de xullo de 2012 ata o 20 de decembro de 2012.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 130.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 130.800 euros. Importe total: 154.344 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía no complexo administrativo de San Caetano.

2. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables, mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil de contratante as datas e as horas da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 10,82 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17460

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

P.D. (Orde 30.4.2009, Diario Oficial de Galicia número 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria