Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 24 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación de trámite de audiencia do expediente sancionador PESAN1 2011/001163-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a Xefatura de Coordinación as alegacións que xulgue pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Vigo, r/ Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/001163-5.

Denunciado: Maximiliano Julián Cavani.

DNI: X1170916D.

Enderezo: camiño da Rega, 14, Sabarís, Baiona (Pontevedra).

Vigo, 24 abril de 2012.

Manuel Lago Molares
Instrutor