Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2009/271-1.

Intentada a notificación por correo certificado ao titular da empresa que se indica a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselle saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberá aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2009/271-1.

Acta inf. n.º: I152009000061058.

Empresa: Mecanizados Industriales Maralba, S.L.

NIF: B15942139.

Enderezo: estrada Negreira-Santiago, s/n, 15830 Negreira.

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigo 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 10 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigos 12.15.a), 39.3.c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave, grao medio).

Data resolución: 7.3.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Mecanizados Industriales Maralba, S.L. unha sanción por importe de oito mil cento noventa e seis euros (8.196 euros).

A Coruña, 19 de abril de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial de A Coruña