Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2011/128-2, 7964 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º. 27002 Lugo.

Denominación: conexión centro de seccionamento a rede de BEGASA.

Situación: Concello de Viveiro.

Características técnicas:

• Desprazamento dun tramo de liña de media tensión soterrada con orixe no centro de seccionamento que instalará o abonado e final no C.T.C. 11755 Junquera, retíranse 49 metros de condutor tipo R.H.Z.-240, para o posterior tendido de 39 metros dese mesmo condutor por canalización proxectada.

• L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nun empalme proxectado sobre o circuíto existente e final no centro de seccionamento que instalará o abonado (cesión á compañía distribuidora), cunha lonxitude proxectada de 88 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo