Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/3-2, 7972 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T.S. ao C.T. Regata e enlace con R.B.T. existentes na avda. de Asturias.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas: L.M.T.S. consistente en anelar o C.T. Regata entre o C.T. Volconsa e o C.T. Cabaleiro, cunha lonxitude de 20 metros de condutor recuperado en obra tipo R.H.Z.1-240 e 320 metros de condutor novo tipo R.H.Z.1-240.

R.B.T.S. con orixe no C.T. Regata e final nas R.B.T. existentes en condutor tipo RV, cunha lonxitude de 60 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo