Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2012/1-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Velle.

Denominación: P.S. CR Pista dos Castros 0000.

Situación: Xinzo de Limia.

Descricións técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 46 m con condutor R.H.Z.1. e orixe na L.M.T. existente XIN807 ao C.T. 32CGZ7, avda. Ourense, 47, e remate na L.M.T. XIN807 ao C.T. E2CFQ4 urb. sector SU 1 Xinzo. Orzamento: 3.483,81 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 13 de abril de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense