Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das obras de reparación de fachadas e cuberta no bloque 14 do Birloque, A Coruña (expediente C-2010/REP 09).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparación de fachadas e cuberta no bloque 14 do Birloque, A Coruña.

b) Prazo de execución: máximo 6 meses e mínimo 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: douscentos corenta e tres mil catrocentos vinte e nove euros con dezasete céntimos (243.429,17 €), IVE excluído.

b) IVE (18%): corenta e tres mil oitocentos dezasete euros con vinte e cinco céntimos (43.817,25 €).

c) Importe total: douscentos oitenta e sete mil douscentos corenta e seis euros con corenta e dous céntimos (287.246,42 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia de acordo coa cláusula 4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares ou clasificación no grupo C, subgrupos 2, 4 e 7, categoría c).

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na copistaría Copy Nino (rúa dos Feáns, 19, Santiago de Compostela). Tfno.: 981 58 89 38.

– Poderanse obter os pregos a través da internet no perfil de contratante no enderezo:

• http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17371

– Tamén no perfil de contratante:

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) ata o vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (n.º 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil de contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil de contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo