Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O.4225/2012, interposto por Nancy de los Ángeles Martínez Jiménez.

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio en que se solicita a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo interposto por Nancy de los Ángeles Martínez Jiménez contra resolución desta secretaría desestimatoria de recurso de reposición contra outra do 30 de xaneiro de 2012, recaída no expediente PR905 2011/105-o.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos, na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 (nove) días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración