Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17204

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2044/2010-MJ).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2044/2010-MJ a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 445/2009 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra e promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Rosa Amoedo Figueroa, S.L., sobre alta médica, con data do 17 de abril de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que, con desestimación do recurso interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza que con data do 3.3.2010 foi ditada nos autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, por instancia de Enrique Ucha López e pola que se acolleu a demanda formulada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Rosa Amoedo Figueroa, S.L., con último domicilio coñecido en c/ Santa Mariña n.º 24-piso baixo, Redondela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

A secretaria xudicial