Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes SAN-CO-0126/2011-BA e ICA-CO-0053/2011-FH.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial e polo instrutor.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer n.º 2, edificio administrativo Monelos, 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña,17 de abril de 2012.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAN-CO-0126/2011-BA.

Denunciado: Manuel García Sánchez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ICA-CO-0053/2011-FH.

Denunciado: SGM Fruit España, S.L.U.

Acto de notificación: proposta de resolución.