A Xunta de Goberno local deste Concello, en sesión do día 17 abril de 2012, acordou a aprobación inicial da modificación puntual do plan parcial S-16 Galdrachán.
O que se fai publico de conformidade co establecido no artigo 86.1 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego, os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.
Ames, 23 de abril de 2012.
Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde