Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16937

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos especialistas en informática, vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 5 de outubro de 2009.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión de 10 prazas de técnico especialista en informática (grupo III), da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado pola Resolución do 5 de outubro de 2009 (DOG do 18 de decembro), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo e adscribilas provisionalmente ás prazas que libremente elixan, en tanto non se resolva o proceso relativo á suspensión cautelar da formalización do contrato laboral dunha das persoas aprobadas nestas probas, de acordo co informe emitido pola Asesoría Xurídica desta universidade e que deu lugar á Resolución do 17 de abril de 2012, comunicada á persoa interesada.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a
provisión de prazas de técnicos especialistas en informática vacantes
no cadro de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 5 de outubro de 2009
(DOG do 18 de decembro)

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Total

35312263

Cobelo Juncal, Marcos

Libre

83,417

32827658

Álvarez Casanova, Elena Belén

Libre

82,75

32831703

Domínguez García, José

Libre

80,5

32776085

Rodríguez Pedreira, José Manuel

Libre

80,463

76416051

Prados Fernández, Sergio

Libre

79,083

32656029

Díaz Pérez, Carlos Alberto

Libre

77,167

32650156

Regueiro López, M. Carmen

Libre

68,963

36094894

Teixeira Amorín, Ana María

Libre

66,767

46908191

Calviño Padín, Pablo A.

Promoción interna

45,41

32773885

García López, Jorge Alejandro

Promoción interna

43,306