Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria da contratación do servizo de limpeza no centro residencial docente (CRD) de Ourense. (Expediente ED-17/12SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-17/12SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza no CRD de Ourense.

b) Lugar de execución: CRD de Ourense.

c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato. Ver punto 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría C.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 829.796,71 euros (IVE excluído), IVE: 149.363,41 euros.

Importe total: 979.160,12 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe a súa constitución.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17382

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 21 de maio de 2012 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49).

2) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 29 de maio de 2012 ás 10.00 horas.

9. Gastos de anuncios. Por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de abril de 2012.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria