Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2012/73-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. do Parque, 11, apdo. 6, 36540 Silleda.

Denominación: reforma C.T. Sierra (Laro).

Situación: Silleda.

Características técnicas: reforma do centro de transformación (160 kVA) situado en Sierra (Laro), Silleda, consistente na instalación dunha cela de interruptor automático, dúas celas de liña motorizadas, unha cela de protección de trafo, unha cela de medida de tensión de barras, armario de planta, armario de telecontrol para un total de tres posicións (1PE+2LE) e sistema de alimentación ininterrompida. Todo iso no interior dun edificio prefabricado e modificación das acometidas de media tensión ao citado C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra