Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16875

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 31 (legoeiro/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

En sesión que tivo lugar o día 2 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de maio de 2011 (DOG número 95, do 18 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 31 (legoeiro/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011), e de conformidade co establecido na dita orde,

ACORDOU:

Primeiro. Corrixir a puntuación na baremación definitiva da fase de concurso de Jaime Puebla González, con DNI 33546368-V, no sentido de que en lugar de outorgarlle unha puntuación definitiva total de 0,00 puntos debe figurar con 0,60 puntos na base II.3.1.2., e unha puntuación definitiva total de 0,60 puntos, conforme a resolución da Consellería de Facenda do 24 de abril de 2012 que resolve o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 6 de febreiro de 2012 deste tribunal.

Segundo. De acordo co previsto na base III.13 da convocatoria contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

Marcos Buide Pollán
Presidente do tribunal