Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16313

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 9 de abril de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos polos concellos e mancomunidades de concellos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2012-2013.

Advertidos erros na citada resolución e anexos, publicada no DOG número 77, do 23 de abril de 2012, cómpre facer as oportunas correccións:

– Na páxina 14773, letra D), primeiro parágrafo, onde di: «…. non computará no límite sinalado de cinco proxectos.», debe dicir: «… non computará no límite sinalado de cinco proxectos, nin dos 150.000 €».

– Na páxina 14775, letra G), parágrafo segundo, onde di: «…. da sede da Agader (rúa dos Camiños da Vida, s/n, edificio Witland, 2.º A, Santiago de Compostela», debe dicir: «…. da sede da Agader (A Barcia, 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela».

– Nas páxinas 14797, 14798, 14799, 14800, 14801, 14802, 14803, 14804, 14805, 14806, 14807, 14808 e 14809, ao pé da páxina, on di: «Rúa dos Camiños da Vida, s/n. Edificio Witland 15705 Santiago de Compostela»; debe dicir: «A Barcia, 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela».