Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo non suxeito a regulación harmonizada para a auscultación e vixilancia das presas de Cecebre, As Forcadas, Eiras, Baiona e O Con (A Coruña e Pontevedra).

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

2) Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: auscultación e vixilancia das presas de Cecebre, As Forcadas, Eiras, Baiona e O Con (A Coruña e Pontevedra).

Número de expediente: OH.188.317.SV.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 238, do 15 de decembro de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 82.243,28 euros. Importe total: 97.047,07 euros.

Valor estimado do contrato: 164.486,56 euros.

Data de adxudicación: 16 de marzo de 2012.

Importe de adxudicación: importe neto: 69.997,25 euros. Importe total: 82.596,76 euros.

Data de formalización do contrato: 9 de abril de 2012.

Contratista: UTE-SGS Tecnos, S.A. & Auscultación y Taller de Ingeniería, S.A.

Vantaxes das ofertas do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

3) Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG n.º 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia