Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16678

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2986/2011 CRS).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 2986/2011 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 395/2010 Xulgado do Social número 1 de Lugo.

Recorrente: Carlos Artur de Oliveira Correia.

Avogada: Mónica Gómez González.

Recorridos: Instituto Nacional de la Seguridad Social, Tesorería General de la Seguridad Social, Conganort, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

M. Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2986/2011 desta sección, seguido por instancia de Carlos Artur de Oliveira Correia contra a empresa INSS, TXSS, Conganort, S.L. e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Carlos Artur de Oliveira Correia contra a sentenza de data 25 de xaneiro de 2011 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, nos presentes autos tramitados por instancia do recorrente fronte aos demandados, a empresa Conganort, S.L., a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala número 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Conganort, S.L., cuxo último domicilio coñecido foi Granja Las Piedras, 21-2.º A, 24400 Ponferrada, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deben revestir forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

A secretaria xudicial