Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16674

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1833/2008 JS).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1833/2008 JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 425/2006 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Supermercados Claudio, S.A., Mutua Fremap, María Begoña Gómez Queiro, Congelados Barbanza, S.A., sobre outros dereitos de Seguridade Social, con data 26 de marzo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que estimamos o recurso de suplicación interposto pola Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales La Fraternidad-Muprespa contra a sentenza do 10 de setembro de 2007 ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, nos autos número 425/2006, seguidos por instancia da referida mutua recorrente, fronte aos demandados, a traballadora María Begoña Gómez Queiro, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidente de Trabajo Fremap e as empresas Supermercados Claudio e Congelados Barbanza, S.A., en reclamación sobre imputación de responsabilidades, e, en consecuencia, revogamos a resolución impugnada declarando a responsabilidade compartida do pagamento das prestacións de incapacidade permanente total recoñecida á mencionada traballadora das mutuas patronais La Fratenidad Muprespa e Fremap, mantendo os demais pronunciamento absolutorios da sentenza de instancia. Dese aos depósitos e consignacións constituídos para recorrer o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Congelados Barbanza, S.A., con último domicilio coñecido en Ribeira, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2012.

A secretaria xudicial