Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de abril de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00954-O-2011 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 10 de abril de 2012.

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00954-O-2011

9979-BPT

Garda Civil

3203 V46236Y

Ramón Guirado Rebanal

13904955-Y

San Andrés, s/n, 39571 Cabezón de Liébana (Cantabria)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE) non levando a bordo o correspondente certificado. (*).

2.8.2011; 20.10; A-52; 150

Art. 142.9 LOTT,

art. 199.9 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT,

art. 201.1.c) ROTT

201 €

OU-00982-O-2011

1845-DGT

Garda Civil

3203 B38216U

Amador Rubín Posada

76992520-C

Asnelle de Abaixo, 23, 36818 Redondela (Pontevedra)

Exceso de peso sobre a m.m.a. superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de ata 10 tm. Exceso de peso superior ao 13%.

26.8.2011; 20.41; A-52; 181

Art. 142.2 LOTT,

art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT,

art. 201.1.c) ROTT

371 €

OU-01011-O-2011

6393-CDJ

Garda Civil

3203 B38216U

Didaka Lasa Baztarrika

15992726-K

Arrasate, 41-5 C, 20005 Donostia-San Sebastián (Guipúscoa)

Exceso de peso sobre a m.m.a. superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de ata 10 tm. Exceso de peso superior ao 7%.

1.9.2011; 10.16; A-52; 173

Art. 142.2 LOTT,

art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT,

art. 201.1.c) ROTT

311 €

OU-01024-O-2011

1869-DKS

Garda Civil

3203 V46236Y

Goncas, S.L.

B36032324

Otero Pedrayo, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Exceso de peso sobre a m.m.a. superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de ata 10 tm. Exceso de peso superior ao 13%.

26.7.2011; 19.01; A-52; 0181,00

Art. 142.2 LOTT,

art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT,

art. 201.1.c) ROTT

371 €