De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola instrutora do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas e de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na Rolda da Muralla n.º 70-2.º do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.
Lugo, 10 de abril de 2012.
José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2011/138.
Interesado: Eusebio Romero Montoya.
Acto notificado: proposta de resolucion de expediente sancionador.