Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización APR AOD A-3-37 Tomás Paredes I (expediente 4975/401).

A Xunta de Goberno local, en sesión do 7 de outubro de 2011, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. De conformidade cos informes do enxeñeiro técnico de OO.PP. da Xerencia Municipal de Urbanismo do 1.7.2011, e da técnica de Medio Ambiente da Oficina de Planeamento e Xestión do 27.6.2011, aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da AOD APR A-3-37 Tomás Paredes 1, promovido pola Xunta de Compensación do ámbito de referencia, cun orzamento de execución por contrata de 923.902,22 €, condicionado á constitución dun aval bancario polo 100% da citada cantidade antes da aprobación definitiva do proxecto e, na súa execución, á explanación da parcela de cesión municipal destinada a vivenda ata conseguir a súa rasante definitiva, con cargo ás obras de urbanización; así mesmo, a Xunta de Compensación deberá sufragar con anterioridade á aprobación definitiva do proxecto de urbanización as cargas urbanísticas imputadas provisionalmente a AOD APR A-3-37 Tomás Paredes 1, sen prexuízo da súa ulterior liquidación definitiva.

Segundo. Someter a información pública o estudo de impacto ambiental e o proxecto técnico de urbanización polo prazo de 30 días hábiles, mediante a publicación de anuncios no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior circulación na provincia, notificando a súa apertura aos propietarios de terreos comprendidos dentro do ámbito a ás mercantís subministradoras de servizos R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A., Telefónica de España, S.A., Unión Fenosa, S.A., Aqualia, S.A. e Gas Galicia, S.A.

Simultaneamente, formularanse consultas respecto do estudo de impacto ambiental, con expreso requirimento dos informes complementarios que procedan, aos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, Augas de Galicia e Concello de Vigo.

Terceiro. Notificar o contido íntegro deste acordo ao interesado e aos propietarios dos terreos incluídos no ámbito, e dar conta del aos servizos municipais de Electromecánicos, Montes, Parques e Xardíns, Mobilidade, Transportes e Seguridade, OSPIO, e tamén ás empresas R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A., Telefónica de España, S.A., Unión Fenosa, S.A., Aqualia, S.A. e Gas Galicia, S.A.

Sométese o expediente número 4975 ao trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante a publicación de anuncios no Boletín Oficial da provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todas e todos aqueles interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por se ignorar o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de outubro de 2011.

M.ª Carmen Silva Rego
Concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos