Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16276

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade para taller de reparación de vehículos e venda de pneumáticos na parcela 2 da fase 2 do parque empresarial de Espiñeira.

Neste concello tramítase expediente por instancia de Neumáticos Luis, S.L. para licenza de actividade de taller de reparación de vehículos e venda de pneumáticos, que se situará na parcela n.º 2 da 2.ª fase do polígono industrial de Espiñeira, Boiro; actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pode consultarse nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 2 de abril de 2012.

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde