Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16209

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012 pola que se acorda a publicación do emprazamento a todas as persoas que presentaron solicitude para a participación nas probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración da Universidade de Santiago de Compostela, subgrupo A1, convocadas pola Resolución do 8 de novembro de 2011.

Por Resolución do 19 de abril de 2012 procederase a remitir ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado n.º 0000138/2012, interposto por José Manuel Otero Romero, María Otero Ponte y María Cruz Ferro, contra a Resolución do 8 de novembro de 2011, pola que se convocan probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración da Universidade de Santiago de Compostela, e o emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que puideran resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no antedito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela