Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CORRECCIÓN de erros. Cédula do 12 de marzo de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador (S-2011/036-P), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

Advertido erro na resolución publicada no DOG n.º 63, do venres 30 de marzo de 2012, cómpre facer a seguinte rectificación. Substitúese o contido íntegro publicado polo seguinte:

O 26 de xaneiro de 2012, a instrutora do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade S-2011/036-P, que se tramita, entre outros, a Lumoar, S.L., pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia de Bon, termo municipal de Bueu (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística