De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a Diego Feijoo Loureiro para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/97/2011, en relación coas obras de construción de dúas edificacións que se levan a cabo no lugar de Espiñeiro, no termo municipal de Taboadela.
O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística