Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15976

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012 pola que se nomean os membros da comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial, vinculados aos parques eólicos adxudicados conforme as ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

O artigo 3 da Orde do 3 de abril de 2012 pola cal se aproba o Regulamento da comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial e do resto de criterios de selección vinculados aos parques eólicos adxudicados dentro das ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece que exercerá a presidencia da citada comisión de seguimento, a persoa titular do Instituto Enerxético de Galicia, que nomeará os cinco membros restantes. En virtude do anterior nomeo os seguintes membros da comisión de seguimento:

– En representación da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a Miguel Ángel Varela Sánchez e a Raquel Carballido Reboredo.

– En representación do Inega a Emérito Freire Sambade.

– En representación do Igape a Norberto Penedo Rey e a Antonio Aguete Estévez.

Actuará de secretaria da comisión de seguimento, Raquel Carballido Reboredo.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia