Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de información pública sobre apertura de planta de salgadura de peixe en Agudelo.

Na Sección de Urbanismo do Concello de Barro estase a tramitar expediente de concesión de licenza para a apertura do seguinte establecemento:

Actividade: planta de salgadura de peixe.

Situación: Agudelo-Barro.

Solicitante: Ala Blanca, S.L.

Expediente: 328/12.

En cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte días (20 días).

Barro, 10 de marzo de 2012

José Antonio Landín Eirín
Alcalde