Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre actividade de escola de música no Milladoiro.

Escola de Música Milladoiro, S.L. solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar a actividade de escola de música na rúa Raxoeira, 12-baixo, O Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, así como no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente en Urbanismo, no Departamento de Aperturas, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 6 de outubro de 2011.

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde