Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento do equipamento informático existente nos centros integrados neste complexo hospitalario (AB-CHX1-12-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo). Rúa Dr. Ulises Romero, 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: rúa Dr. Ulises Romero, 1.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4. Teléfono: 982 29 60 47.

5. Telefax: 982 29 65 92.

6. Correo electrónico: alvaro.lage.mouriz@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-CHX1-12-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: mantemento do equipamento informático existente nos centros integrados no Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Enderezo: rúa Dr. Ulises Romero, 1.

2. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5, 50323000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 296.431,73 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 169.389,56 euros.

Importe total: 199.879,68 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 3 e categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver os pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 18.5.2012.

Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a indicada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral no 2.º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2. Enderezo: rúa Dr. Ulises Romero, 1.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia no 3.º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti. Rúa Dr. Ulises Romero, 1.

c) Localidade: Lugo, 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11.4.2012.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 29 de marzo de 2012.

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo