Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de dar de baixa a Asociación Galega de Profesionais da IIustración na Oficina Pública de Depósito de Asociacións Empresariais e Sindicais de Galicia.

O 20 de marzo de 2012 recibiuse certificación do acordo da asemblea xeral ordinaria da Asociación Galega de Profesionais da IIustración, celebrada o 29 de outubro de 2011, relativo á solicitude da baixa na Oficina Pública de Depósito de Asociacións Empresariais e Sindicais de Galicia. Vista a documentación presentada, e en virtude do disposto no artigo 28 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e no artigo 21 do Real decreto 1497/2003, do 28 de novembro, acórdase dar de baixa a Asociación Galega de Profesionais da IIustración na Oficina Pública de Depósito de Asociacións Empresariais e Sindicais de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais