Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15988

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 16 de abril de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer á citada convocatoria os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (edificio Witland, rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1.º andar, 15781, Santiago de Compostela) e nos seus servizos provinciais; no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas súas delegacións territoriais, así como nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados da maneira indicada non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino noutra Administración requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Inspección Urbanística I.

Código: MA.K01.00.001.15770.010.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala de inspección urbanística).

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2062: licenciado en Dereito.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo Provincial da Axencia en Lugo.

Código: MA.K19.10.000.27001.001.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Lugo.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2001-2004-2062 (Arquitectura; Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos; licenciado en Dereito).

Complemento específico: 14.604,66 €.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo Provincial da Axencia en Ourense.

Código: MA.K19.10.000.32001.001.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2001-2004-2062 (Arquitectura; Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos; licenciado en Dereito).

Complemento específico: 14.604,66 €.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo Provincial da Axencia na Coruña.

Código: MA.K19.10.000.15001.001.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: A Coruña.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2001-2004-2062 (Arquitectura; Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos; licenciado en Dereito).

Complemento específico: 14.604,66 €.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo Provincial da Axencia en Pontevedra.

Código: MA.K19.10.000.36001.001.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Pontevedra.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2001-2004-2062 (Arquitectura; Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos; licenciado en Dereito).

Complemento específico: 14.604,66 €.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Inspección do Litoral.

Código: MA.K01.00.001.15770.040.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala de inspección urbanística).

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2062: licenciado en Dereito.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Ditames e Informes.

Código: MA.K01.00.001.15770.060.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala de inspección urbanística).

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2062: licenciado en Dereito.

Complemento específico: 15.981,84 €.

missing image file
missing image file