Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1284/2009).

Eu, Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 1284/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Tito Negreira Suárez contra a empresa Instalaciones Regueiro, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza do 27 de marzo de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Jesús Tito Negreira Suárez contra a mercantil Instalaciones Regueiro, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.535,23 euros, en concepto de salario do mes de abril de 2009 (867,45 euros) e liquidación de vacacións non desfrutadas e complemento de vacacións (667,78 euros), máis o 10% das cantidades salariais por demora no pagamento destas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Regueira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.

A secretaria xudicial