Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (202/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Miguel Rodríguez García contra San Andrés 166, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 202/2010, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 8 de marzo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Miguel Rodríguez García, en cuxo nome e representación comparece o letrado José Páramo Sureda, e doutra e como demandada, a empresa San Andrés 166, S.L., que non comparece.

Que estimando a demanda formulada por Miguel Rodríguez García contra a empresa San Andrés 166, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 5.133,33 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0202.10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0202.10, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a San Andrés 166, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

O secretario xudicial