Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación do servizo de vixilancia e seguridade do centro de educación especial Terra de Ferrol no concello de Ferrol (A Coruña). (Expediente ED-24/12SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-24/12SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade do centro de educación especial Terra de Ferrol.

b) Lugar de execución: centro de educación especial Terra de Ferrol.

c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato. Ver punto 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 62.000,00 euros (IVE excluído), IVE: 11.160,00 euros.

Importe total: 73.160,00 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe a súa constitución.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17381

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49).

2.ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria