Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15684

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de abril de 2012 pola que se modifica a autorización do centro de ensinanzas deportivas Cemar do concello de Mondariz-Balneario (Pontevedra).

Marta del Mar Marcote Núñez, en representación do centro autorizado de ensinanzas deportivas Cemar, do concello de Mondariz-Balneario (Pontevedra), solicitou autorización para impartir as ensinanzas de técnico deportivo superior en hípica.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e o Real decreto 934/2010, do 23 de xullo, establece o título de Técnico Deportivo Superior en Hípica, e fixa as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso.

Así mesmo, o Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar os centros.

De conformidade con esta normativa e logo de realizar os trámites preceptivos, a Xefatura Territorial de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes favorables para a autorización das devanditas ensinanzas.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar as ensinanzas de técnico deportivo superior en hípica, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas.

Denominación específica: Cemar.

Código do centro: 36024811.

Domicilio: estrada de Ponteareas a Mondariz, km 7.

Localidade: Mondariz-Balneario.

Concello: Mondariz-Balneario.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Jesús Fernando Marcote Vilar.

Composición resultante:

Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de salto, doma e concurso completo.

Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de resistencia, orientación e turismo ecuestre.

Técnico deportivo superior en hípica.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria