Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria

EDICTO (202/2012).

Gloria Alonso Santana, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria, fago saber que nos autos seguidos baixo o número 202/2012 en materia de despedimento disciplinario, por instancia de Milton Jaidel López Iza e Juan Manuel Ortiz Hernández, contra Pavimentos Compavi, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, acordouse citalo mediante edicto debido ao seu ignorado paradoiro, para o acto de vista oral que terá lugar o vindeiro día 5 de xuño de 2012, ás 10.30 horas, coa advertencia do disposto nos artigos 82.2 e 83 da Lei reguladora da xurisdición social. Así mesmo, requírese para que concorra ao acto, para o efecto de contestar o interrogatorio de preguntas da contraparte, se así se solicitase, así como para que achegue a documental que se indica na demanda, cuxa admisión se aprobou por resolución xudicial. Fáiselle saber que as copias desta están ao seu dispor na secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de citación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Las Palmas de Gran Canaria, 9 de abril de 2012.

A secretaria xudicial