Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Expediente: RL 2011/0351-4.
Acta: I362011000120665.
Empresa: Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.
NIF: B-36343630.
Enderezo: avda. de Vigo, 14, O Couto, Pontevedra.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigos 15 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.1.b), 12.8, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data da resolución: 9.2.2012.
Resolución: multa de 4.092 €.
Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Vigo, 9 de abril de 2012.
Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo