Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (2011/0130).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2011/0130-4.

Acta: I362011000030537.

Empresa: Talleres Navales Vinacal, S.A.

NIF: A36875607.

Enderezo: peirao de reparacións Bouzas, nave 8, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 43 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 10.2.2012.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 2 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo