Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente PO-RES-2011/016.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4.º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 29 de marzo de 2012.

M.ª Soledad García-Mazaeda García
Instrutora

ANEXO

Expediente: PO-RES-2011/016.

Interesada: Comunidade de Montes de Salcedo.

Acto notificado: proposta de resolución.