Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15740

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 11 de abril de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.

Convocado, pola Orde do 23 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 30, do 13 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 23 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 30, do 13 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: López-Santos Rubal, M.ª del Carmen.

NRP: 3385807013 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: Servizo de Xestión de Concertos e Recursos Propios.

Dependencia: Dirección de Recursos Económicos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: López López, Manuel José.

DNI: 76399895-J.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: Servizo de Avaliación Económica e Contabilidade Analítica.

Dependencia: Dirección de Recursos Económicos.

Localidade: Santiago de Compostela.