Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15658

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública polo que se solicita licenza para a ampliación de explotación de gando porcino de José Cancela García.

Presentada neste concello por José Cancela García solicitude de licenza municipal para a «ampliación de explotación de gando porcino de cebo, no predio 13 do polígono 30, coa referencia catastral 36052A030000130000KF, nas proximidades do lugar de Rabo de Gato, parroquia de Moalde (Silleda)», en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xullo, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 27 de marzo de 2012.

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta