Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo de limpeza dos edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza dos edificios municipais.

b) Nomenclatura CPA-2008: 81.21.10.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento máximo de licitación: 186.000 euros + 33.480 (18% IVE) = 219.480 euros, coa distribución de anualidades establecida no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 2.ª).

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante www.concellodearzua.com

b) Domicilio: rúa Santiago, n.º 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa, 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00, 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Criterios de valoración: os sinalados na cláusula 12.ª do prego.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11.ª n.º 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do 3.º día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario.

Arzúa, 9 de abril de 2012.

José Luis García López
Alcalde