Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 407/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 407/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 407/2011 seguidos por instancia de María Soledad González Iglesias, asistida pola letrada Sra. Vázquez Méndez contra a empresa Acciones y Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por María Soledad González Iglesias, asistida pola letrada Sra. Vázquez Méndez contra a empresa Acciones y Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.191,58 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle corresponda respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, contra ela non cabe recurso ningún».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Acciones y Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial