Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación obra que se cita.

Para os efectos previstos no artigo 154.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro), esta xefatura territorial acorda publicar a resolución pola que se adxudica o contrato de obra que se indica:

Expediente 2011/09/82. Obra: ampliación comedor no CEIP Illas Cíes, Vigo.

Resolución de adxudicación: 26.3.2012.

Tipo de procedemento: negociado sen publicidade.

Adxudicataria: Roymer Obra Civil, S.L.

Importe: 136.880 €.

Pontevedra, 9 de abril de 2012.

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra