Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 28 de marzo de 2012, do Servizo de Turismo de Lugo, pola que se dá audiencia á interesada no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase e outórgaselle audiencia á titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Mediante visita da Inspección, o Servizo de Turismo comprobou que no establecemento que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foi autorizado no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, este Servizo de Turismo acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica á titular do establecemento referido, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, no Servizo de Turismo de Lugo.

Lugo, 28 de marzo de 2012.

Paloma Vázquez Fernández
Xefa do Servizo de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Mayfre.

Signatura: H.LU-463.

Titular: Ana María Martínez Guerrero.

Enderezo: r/ Nicolás Cora Montenegro, 81.

Concello: Viveiro.