Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun local destinado a taller de mecánica e electricidade do automóbil no lugar do Acevedo, en Queixas (expediente MAS/182 2009).

Jaime Muíño Raña, con DNI 76347706-B, solicitoulle a esta alcaldía unha licenza para a instalación dun taller de mecánica e electricidade do automóbil nunha nave da súa propiedade localizada no lugar do Acevedo número 52 (Queixas-Cerceda), con clave de expediente MAS/182 2009.

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese esta a información pública durante un prazo de vinte (20) días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Este prazo de vinte (20) días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 27 de marzo de 2012.

José García Liñares
Alcalde